En outubro, SON Estrella Galicia Posidonia en Formentera

Por segundo ano, Sinsalaudio comisaría o Festival SON Estrella Galicia Posidonia, que se celebra en Formentera do 12 ao 14 de outubro. Só 300 entradas dispoñibles a partir do luns 18 de xuño ás 12:00. Tes toda a info aquí

Un festival ambulante: tres días de música, gastronomía e natureza para redescubrir Formentera por unha boa causa.

Oír: Un cartel secreto que descubrirás ao chegar á illa.
Ver: (Re)Descubrir Formentera a través de Rutas Sonoras.
Sentir: Unha illa chea de Historia e Cultura a través das súas paisaxes, sons e tradicións.
Probar: os sabores de Formentera con arrecendo galego Estrela Michelín
Colaborar: unha proposta integradora, sostible, respectuosa co espazo e o medio ambiente. SON Estrella Galicia Posidonia colabora de modo altruista co proxecto social, patrimonial e ecolóxico da illa: Save Posidonia Project.