Iberia: 10% de desconto ao público #SinsalSonEG

O Festival Sinsal Son Estrella Galicia e a compañía aérea Iberia chegaron a un acordo polo que o público do festival que voe con destino final Vigo obteña un 10% de desconto nos seus billetes. A validez dos billetes será desde cinco días antes até cinco días despois da celebración do festival. Iberia convértese en liña aérea preferente para #SinsalSonEG, que se celebra os días 22, 23 e 24 de xullo de 2016 na Illa de San Simón (Redondela), nas Rías Baixas.

A oferta canalízase a través da web de Iberia. Antes de finalizar a túa compra introduce o código promo SINSAL e obterás o desconto nos teus billetes.