Instrucións de compra en ticketea

O martes 29 de maio ás 12h comeza en ticketea a venda de abonos para Sinsal SON Estrella Galicia 2018; o mércores 30, as entradas de días. Ás 12:00 ambos días. A plataforma de venda ofrécenos unhas instrucións cos pasos no proceso de compra

A continuacións, as vosas preguntas máis repetidas nos últimos días:
Nenas e nenos pagan entrada?
Pagan, si. Toda persoa no barco ocupa praza, suma no aforo e paga entrada; teña 3 días ou 75 anos ;-)????‍????‍????????‍????‍????????‍????‍????‍???????????? Temos un cupo a prezo moi, moi reducido para menores de 16 (incluídos).
Cantas entradas podo coller nunha compra?
8 máximo. Son bastantes, verdade? Poñer + entradas por compra significa restar posibilidades a outra xente.
Cantos abonos se poñen á venda?
Pois 160 abonos en total venres/sábado, venres/domingo.
Podo sair dun porto e volver a outro?
Non, saes e volves do mesmo porto, Meirande-Museo (Redondela) ou Estación Marítima Vigo. Por favor, se sodes un grupo familiar, non metades aos menores nun porto distinto ao voso ;-). Isto provoca problemas e agravios de última hora.
Hai transporte por estrada a Meirande por parte do festival?
Non, non hai autobuses a Meirande. Cerraremos unha tarifa de taxi para vós e estamos traballando nunha campaña para fomentar o coche compartido. En Meirande hai aparcadoiro de abondo.
O cartel do sábado e domingo é o mesmo?
Pois haberá 7 concertos mínimo cada día en escenarios principais (hai un cuarto escenario no mirador) e 6 coincidirán. Así que será un cartel moi, pero que moi semellante. Non vos frustredes coas entradas do sábado.