Premios Fest 2017: as candidaturas de Sinsal Son Estrella Galicia

Chega unha nova edición dos Premios Fest e o Festival Sinsal Son Estrella Galicia atópase incluido en varias das categorías. O evento, que organizamos desde Sinsalaudio e que ten lugar cada mes de xullo na Illa de San Simón (Redondela), pode ser votado nas categorías Mellor Festival Formato Pequeno, Mellor campaña Comunicación, Mellor proposta actividades, Festival Tecnolóxico e Sostibilidade. Case cento cincuenta festivais españois “compiten” nestes premios organizados polos promotores musicais en colaboración con diferentes entidades e patrocinios como o de Beefeater. A entrega dos premios terá lugar no BIME (Bilbao) o último fin de semana de outubro. Podedes votar aquí: Premios Fest 2017

Case todas as categorías son decididas polo voto mixto: popular e xurado profesional. Do voto de ambas partes saen dúas listas ordenadas por votos recibidos, de maior a menor. O voto do xurado pro é ponderado un 50% sobre o do público. A suma de ambas listas dará como resultado unha lista curta cos tres finalistas. O primeiro posto da lista será o gañador dos Premios Fest.

Sinsal Son Estrella Galicia recibiu o premio Fest ao Mellor Festival de Formato Pequeno no ano 2015. Sen dúbida, o galardón sumou na maior proxección experimentada polo festival nos últimos anos. Deunos sorte, si. Como a que lle desexamos aos proxectos candidatos nesta nova edición.