Queremos contarche algo: cashless 2018

Si, se vés á Illa de San Simón en 2018, ademais de darche un millón de grazas pola confianza, queremos contarche algunhas cousas novas. E esta é novedade en Sinsal SON Estrella Galicia: podes vir sen cartos.

Pasámonos aos cashless. Darémosvos una pulseira cando embarquedes para o festival. Unha pulseira que será a vosa entrada e moedeiro para o consumo que fagades na illa. Comida, bebida e o merchandising propio serán abonados coa pulseira, que podedes recargar a través da web do festival desde xa aquí.

Cunha tarxeta bancaria podedes xa decidir o voso gasto, mostrar o código de compra cando cheguedes a embarcar e xa accededes ao festival coa pulseira cargada. Durante o festival,  podes facer a carga da mesma forma, -si, co teléfono- ou nas billeteiras do festival. Se cando abandonedes o festival, queda carga na pulseira, podedes solicitar a devolución do 30 de xullo ao domingo 5 de agosto até as 23:59 a través da web do festival.