Votacións para os European Festival Awards

O Festival Sinsal Son Estrella Galicia está nominado nos European Festival Awards 2016 na categoría de “Mellor Festival de Formato Pequeno”. Os premios europeos dos festivais son unha convocatoria moi pero que moi interesante para os eventos musicais, tanto pola preselección de proxectos como polo procedemento de votacións. Agora, até o 31 de outubro podedes votar aquí.

Das vosas votacións sairá unha lista de 20 seleccionados por categoría; tras esa fase entrará un comité de profesionais para o proceso selectivo final. Os premios entréganse en Groningen (Países Baixos) no mes de xaneiro.

Ah, e se votades, como incentivo, entrades no sorteo de 2 pases VIP para todos os festivais gañadores.