A música

Sinsal SON Estrella Galicia é, ante todo, un festival de música. Máis de vinte bandas e artistas durante catro días nos escenarios principais, con procedencias xeográficas e sonoras que percorren boa parte do planeta e que compoñen o cartel secreto do festival. Sinsal SON Estrella Galicia non é un festival indie, nin de músicas do mundo, nin de jazz. A fórmula artística do festival soa lóxica: ofrecer concertos para todos os gustos.

  • Un cartel diverso en estilos, con protagonismo de proxectos liderados por mulleres, bandas emerxentes e nomes que non tocaron aínda en directo na península.
  • Sinsal SON Estrella Galicia ofrece aos artistas unha nova vivencia ao redor do directo: non revelalo até o día do concerto, chegar ao recinto en barco, aloxarse e comer na illa, o contacto directo co público.
  • Unha produción musical que pode converter a illa nun estudio de gravacións en vellos cilindros de cera, no destino dun piano de cola que cruza a ensenada de San Simón ou nun miradoiro onde atopármonos, en acústico.
  • Nos últimos anos pasaron pola illa Alt-J, Maika Makovski, Dan Deacon, Owen Pallet, Camila Moreno, Nakhane, Anna Meredith, Of Montreal, Malándromeda, El Guincho, Fantastic Negrito, María Arnal & Marcel Bagés, Bonnie Prince Billy, La Dame Blance ou Cosmo Sheldrake, entre outros artistas.

O cartel

O cartel do Festival Sinsal SON Estrela Galicia é secreto. O público non sabe que grupos vai ver ata que desembarca na Illa de San Simón (Redondela). Desde a primeira edición en 2003, o principal compromiso de Sinsal foi programar artistas que inician a súa carreira musical ou demostrasen unha gran conexión coa creación contemporánea. Algúns destes nomes, poucos anos despois, aterraron nos grandes festivais e salas de concertos de todo o mundo. A traxectoria da promotora Sinsalaudio, a singularidade do evento e o espazo natural no que se desenvolve son un selo de calidade.

O groso da programación componse de artistas que viran por outros festivais prestixiosos en España e Portugal: desde o Jazz á World Music, do Rock á Música Electrónica, Sinsal SON Estrela Galicia é un festival sen complexos. Por esa razón propón ao público un cartel secreto, unha experiencia musical máis aló de nomes concretos.

Edicións anteriores

Les Filles de Illighadad / Son da Memoria / Alex Ikot / Proxecto Terra / Doña / Nelida Karr / Side Chick / Papaya / Cosmo Sheldrake / Mordem / Karpov Not Kasparov / Altın Gün / Patricia Moon / Nakhane / Esteban & Manuel / La Dame Blanche / КУКЛА / Donny Benét / Marem Ladson / Rita Braga / Mounqup / Jungle by Nigh

Empty section. Edit page to add content here.

El Guincho / Dan Deacon / Pegamonstro / We are match / Rangda / Marc Jonson / Eska / Matías Aguayo / Ryley Walker / Juana Molina / Ala.ni / Extraperlo / Sons of Kemet / Joan Miquel Oliver / Malandrómeda / Bixiga 70 / Domenique Dumont / Islam Chipsy / Nicolás Pastoriza / B Fachada / Best Boy / Skylar Gudasz

Sen Senra / Michael Rother / Maika Makowski / Jolie Holland / Champs / All We Are / Owen Pallet / The Paradise Bangkok Molam International Band / Deerhoof / Astro / Chancha Vía Circuito / Sumrrá / THEESatisfaction / Camila Moreno

Throwing Shade / Xenia Rubinos / Oso Leone / Jagwa Music / Frikstailers / Bel Bee Bee / Jambinai / Chelsea Wolfe / Ginger & The Ghost / Jacco Gardner / Blam De Lam / Wire / Mdou Moctar / Why Go / Apenino / Caspervek / Trilitrate

Caxade / Triángulo de Amor Bizarro / Germán Díaz / Le Parody / Gravenhurst / Baden Baden / Stealing Sheep / Denis Jones / Lucía Riveiros / Rafa Yebra / Miniaturas de Granell

Hoquets / L´Enfance Rouge / Al-Madar / Maïa Vidal / Alela Diane / Christian Kjellvander / Aries / Nite Jewel / Unicornibot / Alt-J / Shangaan Electro

Bflecha / 2uS / Mwëslee / Jane Joyd / Wooden Wand / Buke and Gass / Múrmel Bruxas / The Marzipan Man / The Kellies / Fat 32 / Laetitia Velma / Secret Chiefs