(Galego) Evolución sostible: Sinsal SON Estrella Galicia no Museo do Mar

Disculpa, pero esta entrada está disponible sólo en gallego. For the sake of viewer convenience, the content is shown below in the alternative language. You may click the link to switch the active language.

O navío Beagle (cuxa replica poderás observar no Museo Mar de Galicia en Vigo se decides unirte ao Festival Sinsal SON Estrella Galicia o sábado 6 de outubro) viaxou hai máis de 100 anos ao redor do mundo. A bordo deste navío, Darwin revolucionou aa visión da natureza como feito fundamental da evolución das especies.

Sinsalaudio, partiu da Illa de San Simón no mes de agosto e durante este tempo estivo navegando pola ría de Vigo para recalar finalmente no mes de outubro nos barrios de Alcabre e Bouzas. Unha nova escala nunha viaxe que dura xa máis de 20 anos e que, como na viaxe de Darwin, iniciouse con afán de aprender e experimentar e por que non, coa idea de revolucionar a visión da música e a cultura.

E é este afán de aprender e experimentar o que nos trouxe até aquí e o que posibilita que o festival Sinsal SON Estrella Galicia siga evolucionando dunha forma sostible. Porque sostible é aquilo que pode mantenerse no tempo garantindo o equilibrio entre benestar social, coidado do medio ambiente e crecemento económico.

E para que os nosos eventos sexan cada vez máis sostibles, en San Simón puxemos en marcha seis iniciativas que mantemos vixentes no Museo do Mar de Galicia xa que nos permitiron:

#sinsalporigual. Celebrar a edición con maior presenza femenina. Máis mulleres no escenario, no equipo de produción, en actividades paralelas e no público.
#sinsalediverso. Escoitar unha ampla variedade de estilos (música clásica, folklore, glam, pop, electrónica, jazz, cumbia) e a artistas procedentes dos cinco continentes.
#sinsalsenmalosfumes. Colaborar con taxistas e coa plataforma BLABLACAR para promover e facilitar o uso do vehículo compartido até os portos de embarque. Reducir ao máximo a contaminación in situ ao non empregar xeneradores de electricidade con combustibles fósiles.
#sinsalecircular. Apostar por un cambio nos modelos actuais de consumo a través da colaboración con Fundación EMAUS e proyecto Sindesperdicio, para dar unha segunda oportunidade a materiais condenados a acabar no vertedoiro e con RESETEA que emprega posos
de café como base dos seus produtos.
#sinsalelocal. Poñer en valor de accións e xestos de acción local. Ofrecendo unha oferta gastronómica que aposta por produto de proximidade e cultivo ecolóxico e colaborando con entidades coas que compartimos valores e cuxos beneficios repercuten a nivel local.
#sinsalsenplásticos. Reducir o volume de resíduos. Eliminamos o plástico en postos de comida e toda a oferta gastronómica foi servida en soportes de cartón ou material biodegradable. Palliñas biodegradables. Vasos reutilizables. Reutilizamos papeleiras, cartelería e moitos outros
materiais de edicións anteriores. Eliminamos o papel e non houbo programas impresos e toda a info útil do festival estivo dispoñible a través de códigos QR e RRSS. Instaláronse composteiros para recollida selectiva do residuo orgánico e repartíronse cinceiros portátiles para recollida de
cabichas.

Seis iniciativas que acadaron grande relevancia grazas ao grao de implicación de todas
aquelas persoas que dun modo ou outro estamos implicadas no desenvolvemento do festival:
empresas e entidades provedoras, patrocinadoras e colaboradoras; das administracións, dos medios de comunicación, dos asistentes, da organización, dos artistas.

Sigamos implicándonos para seguir evolucionando.