(Galego) As datas do Festival Sinsal SON Estrella Galicia 2018: do 26 ao 29 de xullo

Disculpa, pero esta entrada está disponible sólo en gallego. For the sake of viewer convenience, the content is shown below in the alternative language. You may click the link to switch the active language.

Volve o festival do cartel secreto na Illa de San Simón (Redondela). Sinsal SON Estrella Galicia celebrarase do 26 ao 29 de xullo de 2018; sen anunciar artistas, como é marca do evento e xa con catro días de duración -en vez dos 3 habituais- tras o ensaio do pasado ano de arrancar en xoves. A organización do festival traballa xa nun cartel no que a maioría dos artistas actuarán en Galicia por vez primeira, con propostas chegadas de puntos xeográficos distantes. En 2018 o Sinsal quere volver a crear ese espazo para os sons dos nosos días na illa, sempre botando man dalgúns nomes emerxentes e co traballo das artistas mulleres integrado con normalidade no cartel.

Na edición 2017 participaron os seguintes artistas: Fantastic Negrito, María Arnal i Marcel Bagés, Bitchin Bajas & Bonnie Prince Billy, Melange, Metá Metá, Pixvae, Cuarteto Caramuxo, Orchestra of Spheres, Filho da Mãe, The Barberettes, Systema Solar, Bombino, C. Duncan, Holly Macve, Anna Meredith, Janka Nabay & The Bubu Gang, cintadhesiva, Amorante, Linda Guilala, Neboa, Romperayo e Of Montreal.

Sinsal Son Estrella Galicia -novena edición xa na Illa de San Simón (Redondela)- é un modelo de festival de formato pequeno, diurno e co aforo marcado polo espazo no que se celebra, unha xoia patrimonial e paisaxística con declaración de ben de interese cultural. Un festival sostible, respectuoso e consciente da enorme fortuna que supón poder convocar música, paisaxe, historia e público nun territorio único como é a Illa de San Simón.

O equipo de Sinsal SON Estrella Galicia agradece o apoio a patrocinadores institucionais e privados que contribúen á realización do festival como a Xunta de Galicia a través de Agadic, Concello de Redondela, Son Estrella Galicia ou Gadis, entre outros.