(Galego) Esgotados os abonos Sinsal SON Estrella Galicia 2019

Disculpa, pero esta entrada está disponible sólo en gallego. For the sake of viewer convenience, the content is shown below in the alternative language. You may click the link to switch the active language.

Grazas! Os Abonos Sinsal SON Estrella Galicia 2019 esgotáronse en tres cuartos de hora durante a mañá de hoxe luns 6 de maio. Así que volo dicimos en varios idiomas: racias, thanks, merçi, obrigado!

Martes 7 de maio ás 12h saen á venda as entradas de día en Eventbrite. Se tes un minuto e medio, repasa algúns consellos e info útil:

ANOTADE: Tedes 8 minutos para cada compra. Se aparecen non dispoñibles as entradas, significa que a pesar de que os procesos de compra xa «afectan» a todas as entradas, poden aínda liberarse algunhas. Sempre actualizade a páxina. Se aparecen ESGOTADAS, si que significa que xa están todas con compra finalizada e non é posible xa conseguir entrada para ese día.

Lembra que hai 4 entradas distintas para cada un dos días: xoves 25, venres 26, sábado 27 e domingo 28. Xoves e venres o festival desenvólvese en horario de tarde con 4 concertos en escenarios principais cada xornada; sábado e domingo durante todo o día, con 7 concertos mínimo en escenarios principais.
O número máximo de entradas de día por compra: 5.

Atoparás 2 portos de saída: Vigo e Meirande. Tes que escoller a túa preferencia. Ten en conta que: a viaxe desde Vigo á Illa de San Simón dura aproximadamente 50 minutos; desde Meirande (Museo da Batalla de Rande, Redondela), que conta con amplo aparcadoiro, 20 minutos. Os horarios son aproximados, poden variar uns minutos; é moi importante que chegues con antelación mínima de media hora ao porto de saída. Como comprobarás nos horarios, os barcos de Meirande saen máis tarde e volven antes a porto.
Os barcos comezan a volta a porto unha vez remate o festival, ASÍ QUE NON VAS PERDER NINGÚN CONCERTO ESCOLLAS VIGO OU MEIRANDE COMO O TEU PORTO DE SAÍDA E RETORNO.

De especial interese para aquelas persoas que ides vir a Sinsal SON Estrella Galicia 2019 con pequenas e pequenos. Hai un cupo de entradas para menores (até 16, incluídos) cada día a prezo reducido.
.
IMPORTANTE! Toda persoa, independentemente da súa idade, ocupa praza no barco e suma aforo na Illa de San Simón, polo tanto debe ter a súa entrada (si, os bebés de 0 a 3 tamén, para iso se habilitan prazas de prezo moi reducido). Haberá actividades específicas para crianzas xoves 25 e domingo 28 de xullo.