A Que Soa A Túa Cervexa: os obradoiros SON Estrella Galicia en San Simón
Malta, lúpulo, cebada e auga. Guitarra, baixo, batería e voz. Un paralelismo que SON Estrella Galicia leva aos festivais con “A Que Soa A Túa Cervexa”, un formato único que aposta pola linguaxe musical como vehículo de transmisión da cultura cervexeira. Esta é unha experiencia interactiva creada para que o público comprenda a unión que existe entre estes dous universos tan semellantes a través das súas materias primas, con exemplos de grandes artistas e unha tiraxe de cervexas para redondear a experiencia. En Sinsal SON Estrella Galicia de venres 27 a domingo 29 de xullo en varios horarios no edificio cafetería da Illa.
Facer música e elaborar cervexa son dúas artes que teñen moito en común, alén da afección que músicos e público teñen por esta bebida. Compoñer unha canción e crear unha boa cervexa comparten un apaixoante proceso de elaboración, que precisa dun gusto exquisito á hora de escoller cada un dos elementos para que o resultado sexa perfecto.
Cada ingrediente pode ser un instrumento. A mestía de facer unha cervexa como Estrella Galicia e o paralelismo co proceso de composición musical. Convidámosvos a participar na experiencia en San Simón. O obradoiro A Que Soa A Túa Cervexa terá lugar:
Venres 27: 2 sesións, 18:00 e 19:15
Sábado 28: 3 sesións 14:00, 16:00 e 18:00
Domingo 29: 3 sesións 13:00, 17:00 e 18:00