No Sinsal Son Estrella Galicia 2016 editamos por segundo ano consecutivo un periódico moi especial. o 4S. Un exemplar para cada un dos tres días do festival. Corenta páxinas de información e creación. Si, o 4S non é un periódico ao uso; queremos que funcione como unha plataforma creativa na que desenvolver temáticas vinculadas á música, á Illa de San Simón (Redondela) e á súa contorna así como implicar a persoas de diferentes ámbitos.
Así nos tres exemplares distintos do 4S 2016 para os días 22, 23 e 24 de xullo, en tres idiomas (galego, castelán e inglés) deseñados por NUMAX atoparedes, ademais da información correspondente á edición do Sinsal Son Estrella Galicia, o proxecto Trobadores. Unha iniciativa que crea unha ponte no tempo entre a lírica medieval e o simbolismo de San Simón nela e os trobadores do século vinte e un. Trobadores que podían ser algúns dos artistas incluídos este ano no programa do festival pero tamén a selección de autoras e autores que participaron no 4S 2016. Creación poética da man de Xiana Arias, Elvira Ribeiro, Gonzalo Hermo, Ollala Cociña, Francisco Cortegoso ou Roi Vidal Ponte. Unha selección literaria unida estreitamente ao traballo de ilustración de Julia Abalde, Tayone, Carlos Arrojo, Natalia Umpierrez, Iván R, Cinta Arribas ou David Sierra.
O 4S 2106 estivo coordinado por Eloy García e Manuel Martínez, que contaron coa colaboración da crítica literaria Ana Salgado no Proxecto Trobadores.
Podes descargar aquí o 4S 2016 de venres, sábado e domingo: