(Galego) Inscríbete nos obradoiros Sistema Lupo no Museo do Mar de Galicia

Disculpa, pero esta entrada está disponible sólo en gallego. For the sake of viewer convenience, the content is shown below in the alternative language. You may click the link to switch the active language.

Entre as actividades que vos propoñemos para o sábado 6 de outubro dentro da programación de Festival Sinsal SON Estrella Galicia están os obradoiros de Sistema Lupo. Son unha pasada, xa sabes, a través dun sistema modular converten á rapazada en arquitecta e sempre traballan en relación á contorna. Propóñennos grupos de 15 persoas en cada sesión (14:30 e 16:30), entre 6 e 9 anos. Pero, ollo, son tan estupendos que se alguén que excede a idade quere participar, non hai problema. Podedes inscribirvos previamente (e gratuitamente) en festival@sinsalaudio.org e, se sobran prazas, in situ, no mesmo Museo do Mar o sábado 6.  Poñede no asunto do correo: talleres Sistema Lupo e nos apuntades o voso horario de preferencia.

Aquí vos explicamos de que vai:

14:30 e 16:30. Sistema Lupo: Obradoiros “Tipos lóxicos no Museo do Mar de Galicia”
Sistema Lupo propón unha serie de obradoiros de arquitectura e deseño para gozar en familia. Os obradoiros traballan sobre diferentes aspectos do proceso creativo a través do proxecto arquitectónico. Dada a peculiaridade do lugar, parte da didáctica estará centrada na arquitectura do Museo do Mar, obra dos arquitectos Aldo Rossi e César Portela, quen a través da arquitectura crearon unha obra que dialoga coa contorna, coas illas, co mar e coa xente. Analizaremos a esencia dun proxecto cheo de significantes e trataremos de construílo e reinterpretalo a través do xogo de bloques. Fiestras ao mar: desafíos para resolver retos a través do xogo. Despregaremos diferentes materiais de construción para xogar nunha contorna fantástica onde a arquitectura dialoga coa paisaxe; módulos, xeometría, tipoloxía, escala, música…E moito traballo en equipo, vinde a gozar con estes tipos lóxicos que son uns auténticos tolos dos bloques! Traballaremos co propio edificio, coa seriación, as fachadas, os volumes, abriremos fiestras ao mar e ao festival.