Sinsal Primavera 2019: catro proposicións sonoras para Vigo en abril e maio

O Festival Sinsal Primavera propón en Vigo catro citas sonoras singulares nos meses de abril e maio. Dous espectáculos especiais no Auditorio Municipal do Concello: o proxecto de Tashi Wada Group con Julia Holter e Corey Fogel (14 abril), e o tributo de Dorian Wood a Chavela Vargas baixo o título “Xavela Lux Aeterna” (18 abril), aos que se suman dúas Sesións Anecoicas na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación coas bandas galegas Vudú (10 abril) e Eladio y los Seres Queridos (22 maio). O Festival Sinsal Primavera é un proxecto no que colabora o Concello de Vigo; tamén a Universidade de Vigo a través do centro de investigación Atlanttic. Un evento que en 2019 celebra o seu aniversario número dezasete. As entradas para os concertos do Auditorio do Concello teñen un prezo de 10 euros e saen a venda en eventbrite.es. As Sesións Anecoicas son de entrada libre; iso si, con inscrición previa debido ao limitado do aforo da cámara.

O compositor residente en Los Ángeles Tashi Wada presenta a súa nova formación en colaboración con Julia Holter e o percusionista e performer Corey Fogel. Xuntos interpretan o último disco de Wada: “Nue”, publicado o pasado outono. Esta colaboración, na que tamén participa o pai de Tashi, o artista sonoro xaponés Yosi Wada, inclúe desde gaitas minimalistas até voces sobrenaturais, creando “unha visión, unha noite de soños sen fin, e un tipo de historia persoal, chea de praceres e demos”. Este proxecto é ademais unha oportunidade de reencontro en Vigo con Julia Holter, a aclamada artista centrada na atmosfera sonora, na electrónica e na voz, coa que un pracer volver a traballar desde o seu último concerto na cidade en 2012, daquela co que era o seu último disco “Ekstasis”.

Tamén fortuna de volver a atoparse con Dorian Wood, desde a última visita a Vigo, en xaneiro de 2014, daquela para presentar o seu terceiro disco “Rattle Rattle” nun Auditorio Municipal do Concello ateigado de público. Ademais de compoñer, arranxar e cantar, Wood destaca como performer e artista visual. O que trae de volta a Vigo a Dorian Wood -que naceu en California con ascendencia costarricense- é un proxecto moi especial, no 100 aniversario do nacemento de Chavela Vargas co título “Xavela Lux Aeterna”. É este un espectáculo persoal con cancións que Chavela fixo populares, entrelazadas con composicións orixinais e temas folclóricos de Costa Rica. No escenario, a poderosa voz de Dorian e unha orquestra de cámara baixo a dirección do artista español Alberto Montero.

As entradas para cada un dos concertos teñen un prezo de 10 euros e poden ser adquiridas online en eventbrite.es. A billeteira do Auditorio do Concello abre unha hora antes do concerto.

Sesións Anecoicas con Vudú e Eladio
Na primavera entran na cámara semianecoica da Universidade de Vigo as bandas Vudú e Eladio y los Seres Queridos. A cámara acústica semianecoica é un espazo deseñado e recuberto para absorber as ondas sonoras e electromagnéticas. Unha sala, na Escola de Telecomunicación da Universidade de Vigo, na que practicamente non hai eco nin reverberacións. Os músicos que até agora participaron nesta experiencia (a relación inclúe a Caxade, Apenino, Chicharrón, Will Samson, Su Garrido Pombo e Margarida Mariño ou a clavecista María del Mar Blanco Moreno, entre outros) destacan o silencio, a percepción multiplicada e, polo tanto, o coidado e a adaptación que requeriu a actuación en directo.

Este proxecto naceu a finais de 2014 coa colaboración entre o Festival Sinsal, o Museo MARCO de Vigo e o laboratorio de acústica organizado polo centro de investigación Atlanttic na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo. O dúo Vudú, formado por Belém Tajes voz e teclados, cantante ademais de Luar na Lubre desde 2017, e Maritxinha, no baixo, participa na experiencia coa súa fusión “soulk” o mércores 10 abril, con dúas sesións para o público: 16:30 e 17:15 e previa inscrición no correo electrónico info@sinsalaudio.org. O mesmo sistema de participación que coa banda viguesa Eladio y los Seres Queridos, responsable nos últimos anos dos discos “Cantares” (2016) e “Historias de Caza” (2017), que se achega á cámara semianecoica o mércores 22 de maio. O aforo limítase a unhas quince persoas por