(Galego) Solicitude devolución #cashless Sinsal SON Estrella Galicia Museo do Mar
Tal como vos informamos previamente e no propio festival, precisades o código da pulseira se queredes solicitar devolución de cartos. Está na parte traseira do chip. A partir do luns 8 ás 12h e até o luns 15 á mesma hora, a través da páxina podedes solicitar a devolución AQUÍ. Ollo, se operades cunha conta estranxeira, o importe mínimo para solicitar devolución é de 3,50 euros.
A devolución nas vosas tarxetas non é inmediata, pode tardar uns días, pero non vos preocupedes unha vez tramitades. Para consultas técnicas aconsellámosvos, para axilizar, que vos comuniquedes co correo que o provedor do servizo pon á nosa disposición: ventas@enterticket.es. En calquera caso,o formulario web en http://www.festival.sins.al/ está ao voso dispor e intentamos resolver as vosas consultas o máis rápido posible.