Sostibilidade
A Estratexia de Sostibilidade de Sinsal SON Estrella Galicia está orientada a conseguir un evento próximo, participativo, social, horizontal, aberto, educativo, respectuoso coas persoas, respectuoso co medio ambiente, que vele pola conservación e promoción do patrimonio natural e pola conservación e promoción do patrimonio cultural. A sostibilidade é un motor de cambio nos ámbitos, social, medioambiental e económico; a Illa de San Simón, coa súa historia, patrimonio e beleza, pon a proba o compromiso da organización.
- O festival desenvolveu seis liñas de traballo nestes tres ámbitos: #sinsalporigual #sinsalediverso #sinsalecircular #sinsalelocal #sinsalsenplásticos #sinsalsenmalosfumes
- Protagonismo de mulleres no staff e cartel artístico, eliminación de plásticos, oferta gastronómica diversa con produto ecolóxico e local, segunda oportunidade para materiais ou propostas de transporte compartido, son algunhas das accións impulsadas.
- O obxectivo a curto prazo: que público, colaboradores e provedores se impliquen na estratexia do festival, como parte que son do mismo.
- SON Estrella Galicia, a marca de música da cervexeira galega por excelencia, e New Balance, con centro de distribución peninsular en Redondela, son os nosos aliados privados máis importantes. Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra e Concello de Redondela, os institucionais.