Dez concertos na carta secreta do sábado 28 do Sinsal SON Estrella Galicia

Unha nova xornada de sol no sábado 28 no Sinsal SON Estrella Galicia, co aforo completo e coa presenza de patrocinadores e colaboradores na Illa de San Simón. Dez concertos e unha chea de actividades, como proposta a un público procedente en boa parte de fóra de Galicia, que descubre a illa e o festival por vez primeira. Cosmo Sheldrake, Mordem, Karpov Not Kasparov, Altin Gün, Patricia Moon, Nakhane, Esteban & Manuel, La Dame Blanche, КУКЛА e Donny Benét fixeron parte do cartel secreto da xornada, que ademais contou cun programa de actividades completo con laboratorios de sal, perfomances e cursos de viños e cervexas.

O primeiro concerto do día protagonizouno Cosmo Sheldrake o británico con 28 años que toca máis de 30 instrumentos. As súas cancións evocaron tanto o espírito das fanfarrias como a música minimalista, a world music e o pop. O seu último disco, producido por outro mago dos sons como Matthew Herbert, é a consagración dun artista que podería poñer a banda sonora perfecta aos cuentos de Lewis Carroll.

Dúas artistas de Galicia, Mordem (Elba Fernández) e Patricia Moon participaron na xornada do sábado en colaboración coa Fundación SGAE. Mordem protagonizou un concerto máxico na illa de San Antón inspirado en narracións do cinema independente como as películas de Xavier Dolan ou a serie de The Leftovers, unha banda sonora de historias onde imaxinación e realidade van da man. Quen desde a súa anterior etapa segue a Elba Fernández sabe que, nela, todo é talento; como compositora e cantante, na súa faceta de ilustradora, fotógrafa ou deseñadora. Patricia Moon mostrou aa súa mestura de todo tipo de estilos como o grunge, rock, soul, blues ou clásico e utilizando unha grande variedade de instrumentos para os arranxos.

Houbo electrónica a mediodia con Karpov Not Kasparov , un dúo de heroes na escena local de Romanía aínda que progresivamente aumentan o seu número de seguidores polos clubs europeos. Despois de comer, foi a quenda de Altin Gün, folk turco, psicodelia e rock. Despois de actuar en Istambul con Jacco Gardner, o baixista do seu grupo Jasper Verhulst quedou fascinado polo son turco dos anos 70 e de artistas nacionais como Selda ou Barış Manço, que combinaban a música tradicional coas influencias do rock occidental.

Non defraudou. Agardado era o concerto de Nakhane, un deses artistas polifacéticos, recoñecido en Sudáfrica pola súa música, así como unha gran promesa do mundo das letras e, hai nada, actor principal na película La Herida, na que protagoniza unha historia de amor gai dentro da comunidade Xhosa. . Na obra intimista de Nakhane é posible identificar influencias de artistas como Prince, Björk, Bowie, etc. Non sabemos até onde chegará a súa carreira, pero se hai un artista na actualidade que o teña todo para chegar o máis alto este é, sen dúbida, Nakhane.

A recta final da xornada discorreu ao ritmo de Esteban & Manuel, abandeirados do espírito de verbeba, a ritmo de cumbia e autotune, de La Dame Blanche, proxecto da cantante, frautista e percusionista cubana Yaite Ramos, quen é herdeira das oratorias da rumba afrocubana, КУКЛА (pronunciado Kukla) unha artista multidisciplinar influenciada polo pop de occidente e a tradición oriental, polo que se autoproclama como unha “gangsta pop eslovena”, unha colaboración de Sinsal SON Estrella Galicia co Festival Ment de Liubliana (Eslovenia), e pechou o sábado Donny Benét, un artista procedente de Sydney, Australia, que finalizou en San Simón unha xira europea que o levou a actuar por Holanda, Austria, Alemaña, Reino Unido, España e Portugal.

Laboratorios de sal e máis
O sábado ademais arrancaron con toda a súa intensidade as actividades fóra de escenarios incluídas na programación de 2018. Os laboratorios de sal, a performance colectiva que meteu a un grupo de asistentes nunha sábana que percorreu as dúas illas, San Antón e San Simón, o curso de viño impartido por Galicia.wine con Adegas Terrae e o Sistema Lupo, que introduce aos máis cativos na arquitectura, construíndo un escenario familiar. Ademais, as actividades promovidas polos patrocinadores como os talleres de cervexa de SON Estrella Galicia ou o taller de deseño de zapatillas New Balance, cunha altísima participación todo o día.