As entradas para sábado 27 de xullo esgótanse nunha hora, grazas!

Hoxe martes 7 de maio saíron á venda as entradas de día do Festival Sinsal SON Estrella Galicia 2019 e en menos dunha hora as de sábado esgotábanse. Grazas! ¡Gracias! Obrigado! Thanks! Merçi! Gustaríanos saber moitos máis idiomas para poder darvos moitas GRAZAS inmensas pola confianza, fidelidade e entusiasmo. Ofrecémosvos algunha recomendación sobre as entradas do festival:

Anotade: o domingo 28 ainda ten dispoñibles entradas. O CARTEL SERÁ O MESMO que o do sábado 27, con 7 concertos mínimo nos escenarios principais.

Xoves 25 de xullo, un día festivo, con 4 concertos en escenarios principais pola tarde; o venres 26, tamén 4 concertos. Os carteis dos 2 días, diferentes.

Queres vir con menores? É importante que saibas que as actividades familiares en San Simón teñen lugar xoves 25 e domingo 28. Pero como verás na plataforma de venda, AS ENTRADAS A PREZO REDUCIDO PARA MENORES EN DOMINGO 28 XA ESTÁN ESGOTADAS. Así que se queres vir en familia con prezo reducido a menores, pensa no xoves 25.