O Festival Sinsal Primavera Vigo fainos catro propostas sonoras singulares nos meses de abril e maio. Dous espectáculos especiais no Auditorio Municipal do Concello: o proxecto de Tashi Wada Group con Julia Holter e Corey Fogel (14 abril), e o tributo de Dorian Wood a Chavela Vargas baixo o título «Xavela Lux Aeterna» (18 abril), aos que se suman dúas Sesións Anecoicas na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación coas bandas galegas Vudú (10 abril) e Eladio y los Seres Queridos (22 maio). O Festival Sinsal Primavera é un proxecto no que colabora o Concello de Vigo; tamén a Universidade de Vigo a través do centro de investigación Atlanttic. Un evento que en 2019 celebra o seu aniversario número dezasete.
Concertos
Tashi Wada Group
feat. Julia Holter & Corey Fogel
Domingo 14 abril | 21:00
Auditorio Municipal do Concello de Vigo
(Praza do Rei, 1)
Apertura portas 20:30
Entradas: 10 euros
en www.eventbrite.es / billeteira (unha hora antes de cada concerto)
O compositor residente en Los Ángeles Tashi Wada presenta a súa nova formación en colaboración con Julia Holter e o percusionista Corey Fogel. Xuntos interpretan o último disco de Wada: «Nue», publicado o pasado outono no selo de Brooklyn RVNG Intl. En xaponés —Tashi é fillo do artista sonoro nipón residente en San Francisco Yosi Wada, que forma parte deste disco— «Nue» é unha criatura mitolóxica coa cara dun mono, as patas dun tigre e a cola dunha serpe. En francés, «nue» significa espido —carente de complexidade, desnudo, exposto pero tamén algo en bruto, esencial. Esta dualidade é a base de «Nue». Editado nas series de proxectos interxeracionais de RVNG Intl. , esta colaboración inclúe desde a gaita minimalista do seu pai até voces sobrenaturais, creando, segundo Wada, «unha visión, unha noite de soños sen fin, e un tipo de historia persoal, chea de praceres e demos». Unha suite multifacética, á que Tashi dá vida cun núcleo de compañeiros de viaxe: Julia Holter e Corey Fogel, nun proxecto que permite admirar a individualidade de cada un dos artistas ao tempo que crea unha grande intimidade entre eles.
Tashi Wada. Os seus traballos exploran matices harmónicos, resonancia e disonancia a través dunha afinación precisa e cambios graduais no ton. Criado na convicción de que «a música ten que ser tan directa como sexa posible», as súas composicións usan aparentemente estruturas simples para xerar ricos e inesperados efectos de percepción. No seu traballo no marco da música experimental americana, música microtonal e a chamada música drone, a práctica de Wada está influída tamén polo movemento Fluxus e a súa interdisciplinariedade.
Julia Holter é unha compositora e intérprete residente en Los Ángeles. O seu interese nos misterios da atmosfera sonora levouna a gravar en diferentes escenarios—a súa casa, exteriores e en estudios de gravación—, así como a tocar en directo, centrada habitualmente na voz. Para Sinsalaudio é un pracer volver a traballar cunha artista, que puidemos disfrutar por útima vez en Vigo, co seu propio proxecto, en 2012.
Corey Fogel é un percusionista e performer que actualmente vive en Los Angeles. O seu traballo percorre os recursos do rock, jazz, noise, folk, e música de cámara. O seu traballo en solitario baséase en encontros espontáneos con sons, obxectos, personalidades, comida… e en disciplinas como o video, a danza e a instalación.
Dorian Wood
presenta «Xavela Lux Aeterna»
Xoves 18 abril | 21:00
Auditorio Municipal do Concello de Vigo
(Praza do Rei, 1)
Apertura portas 20:30
Entradas: 10 euros
en www.eventbrite.es / billeteira (unha hora antes de cada concerto)
En 2019 celébranse os 100 anos do nacemento da cantante mexicana-costarricense Chavela Vargas, ela de alma resplandecente e voz de furia, dor e ardor. Para o artista Dorian Wood, o camiño a Chavela foi tanto un Santo Grial como unha viaxe de autoreflexión. Entre as semellanzas de ambos artistas existe outro viaxe; unha exploración que pon na súa traxectorua a nudez da alma, a renuncia de patria e a súplica a un mundo que leva nas súas mans o sangue da marxinalización de seres humanos. «Xavela Lux Aeterna» é metade homenaxe, metade diálogo entre dúas almas creativas pasando por un só corpo. Cancións que Chavela fixo populares, entrelazadas con composicións orixinais e temas folclóricos de Costa Rica, serán interpretadas pola poderosa voz de Dorian e unha orquestra de cámara baixo a dirección do artista español Alberto Montero.
Formación:
Cuarteto de cordas (violin, segundo violin, viola, violonchelo)
Xavi Muñoz: sintetizador, baixo, voz de coros
Marcos Junquera: percusión
Dorian Wood: voz
Alberto Montero: director
Sesións anecoicas
Vudú
Mércores 10 abril | 16:30 e 17:15
Cámara semianecoica
Escola Enxeñaría de Telecomunicación
(Campus Lagoas-Marcosende).
De balde. Capacidade limitada.
Inscrición previa en info@sinsalaudio.org
Vudú é unha proposta do dúo formado por Belém Tajes (voz e teclados), cantante ademais de Luar na Lubre desde 2017, e Maritxinha (baixo), ambas radicadas na Coruña. Mesturan sen pudor o soul e o folk, dando lugar ao que elas chaman, en clave de humor, soulk. Artistas que citan como fonte de inspiración? Marful, Carmen Rey, Xabier Díaz, Erykah Badu, Nik West, Stevie Wonder… Gañadoras do Premio Martín Códax da Música Galega 2017 na categoría Soul/Funk/Blues, Vudú publicou o seu último traballo, Vudú Vol. III, onde inclúen letras do cancioneiro tradicional galego con ritmos pop, percusións electrónicas e tintes jazz e soul.
Eladio y los Seres Queridos
Mércores 22 maio | 16:30 e 17:15
Cámara semianecoica
Escola Enxeñaría de Telecomunicación
(Campus Lagoas-Marcosende).
De balde. Capacidade limitada.
Inscrición previa en info@sinsalaudio.org
Coa publicación de «Orden Invisible» en outubro de 2014, Eladio y los Seres Queridos emprenderon o seu particular Never Ending Tour que os levou a actuar entre 2015 e 2018 en diferentes salas do país e nos festivais máis importantes de Galicia como PortAmérica, Festival de La Luz, O Son Do Camiño, Cantos na Maré, Raro Vello Novo (Sinsal), Festival do Leite, Surfing The Lerez o GalegoVudú é unha proposta do dúo formado por Belém Tajes (voz e teclados), cantante ademais de Luar na Lubre desde 2017, e Maritxinha (baixo), ambas radicadas na Coruña. Mesturan sen pudor o soul e o folk, dando lugar ao que elas chaman, en clave de humor, soulk. Artistas que citan como fonte de inspiración? Marful, Carmen Rey, Xabier Díaz, Erykah Badu, Nik West, Stevie Wonder…Gañadoras do Premio Martín Códax da Música Galega 2017 na categoría Soul/ Funk/ Blues, Vudú publicou o seu último traballo, Vudú Vol. III, onde inclúen letras do cancioneiro tradicional galego con ritmos pop, percusións electrónicas e tintes jazz e soul.te, entre outros, e no Sonorama, Low Festival, Ebrovisión, WIC, Intro Music Festival, etc no resto de España. En 2016 editan «Cantares», disco co que gañan o Premio MIN ao melor traballo do ano en galego e en 2017 «Historias de Caza», co que obteñen o Premio Martín Códax da Música 2018 ao Mejor grupo Indie/Pop. Desde 2011, con aquel «Están ustedes unidos», a música de Eladio y los Seres Queridos desprende melodías e historias entendidas por moitos; un runrun que permanece na cabeza tras a escoita.