Estamos de acordo #sinsalecircular

Cada vez con maior frecuencia atopamos novas, artigos, informes, que nos alertan de que o modelo de consumo e produción actual non é sostible. Este modelo de consumo é o coñecido como modelo lineal.

En contraposición a este modelo de consumo, un novo concepto, o de economía circular, xurdiu con forza para facernos ver que novos modelos de consumo e novos modelos de negocio son posibles. O seu obxectivo é que o valor dos produtos, os materiais e os recursos (auga, minerais, combustibles) se manteña na economía o maior tempo posible e que a xeración de residuos fi que reducida ao mínimo.

Unha maneira de introducirnos neste novo modelo económico é a través do coñecido criterio multierre: repensar, redeseñar, refabricar, reparar, redistribuír,reducir, reutilizar, recuperar e reciclar.

En Sinsal estamos de acordo en que este novo modelo de economía é cara onde debemos dirixirnos e por iso este ano poñemos en marchar a iniciativa #sinsalecircular.

Dentro desta iniciativa enmárcase a colaboración coa Fundación EMAUS e o proxecto Sindesperdicio, grazas ao que damos unha segunda oportunidade a materiais condenados a rematar no vertedoiro, como son as lonas publicitarias e a colaboración con RESETEA, a través da que faremos recollida selectiva dos posos do café consumido durante os catro días que dura o festival para o seu posterior aproveitamento na elaboración de kits auto-cultivo de setas.

A nivel interno, traballamos para recuperar e reutilizar materiais de edicións anteriores reducindo así os recursos necesarios.