Descubre o noso segredo en New Balance Store, Gran Vía 15 (Madrid) o 21 de maio de 2016 e podes coñecer na illa de San Simón o mellor festival de pequeno formato de España. Pases ás 13h e 13:30
O próximo sábado 21 de maio o Festival Sinsal Son Estrella Galicia, Mellor Festival de Pequeno Formato de España, chega a Madrid, á flagship store da súa marca patrocinadora, New Balance Spain. Se a Illa de San Simón (Redondela) onde se celebra o festival é un espazo singular, a NB store madrileña é sen dúbida un novo concepto en canto a espazos comerciais.
Máis que unha tenda, un punto de enontro. E así queremos que sexa para todos os amantes da marca e da música que participen no evento do próximo 21 de maio, que tenrá lugar no espazo museo de NB Madrid Gran Vía. Unha marca que se caracteriza pola comodidade, elegancia, fabricación, tecnoloxía e, como non, pola fidelidade do seu público. Valores cos que se identifica plenamente un festival como Sinsal Son Estrella Galicia. New Balance ten un importante punto de distribución en Redondela (Galicia), concello ao que pertence a Illa de San Simón. A illa do #SinsalSonEG.
O próximo 21 de maio convidámoste a coñecer o Festival Sinsal Son Estrella Galicia, considerado como o mellor festival de pequeno formato de España nos últimos Premios Fest.
Concerto secreto ás 13h e 13:30. Un aperitivo sorpresa para un festival que se caracteriza por non revelar o seu cartel. Só por vir podes entrar no sorteo dun abono para dúas personas para o SinsalSonEG con hotel incluído e visita ás Illas Cíes.
-Faite unha foto na NB Store o 21 de maio, cólgao na páxina facebook do festival coa etiqueta #SinsalSonEGenNB, e entra no sorteo dun bono de venres 22 e domingo 24 de xullo no Sinsal Son Estrella Galicia, con hotel incluído e visita ás illas Cíes o sábado 23 de xullo.
-Introduciremos na cámara acorazada NB, onde están depositadas as xoias da colección New Balance, o noso cartel secreto 2016 e faremos un video 360º con Toño Cabanelas Justo
-E lembra: ¡o aforo para o evento é limitado!