Ven a SinsalSonEG e pasa polas Cíes

Por que non visitar outro enclave marabilloso das Rías Baixas aproveitando a asistencia ao Festival Sinsal Son Estrella Galicia? A compañía de transporte marítimo Mar de Ons ofrece un desconto no billete ás illas Cíes para o público SinsalSonEG. As illas Cíes son un paraíso natural e, entre as súas praias, atópase a de Rodas, considerada desde hai anos polas publicacións especializadas, unha das mellores do mundo. Forman parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia e distan uns quince quilómetros da cidade de Vigo, municipio ao que pertencen.

A promoción de Mar de Ons é válida do mércores 20 ao martes 26 de xullo e supón un desconto de 3 euros por billete adulto; nenas e nenos até 12 anos viaxan de balde. Pode facerse a reserva anticipada chamando ao 986 225 272, o billete pode ser retirado o mesmo día do viaxe e, ao mostrar a entrada do festival será aplicado o desconto. A compañía lembra que é necesario estar na Estación Marítima de Vigo 25 minutos antes da saída do barco.

Ven o venres e/ou o domingo a SinsalSonEG e aproveita o fin de semana para gozar tamén das Cíes.