Visita o Museo do Mar con Sinsal SON Estrella Galicia

Si, se tes entrada (ou sexa, se mercaches o billete para os catro concertos de pago do sábado 6 de outubro) tes a posibilidade de participar nunha visita guiada ao Museo do Mar de Galicia, cortesía do equipo do museo. Ás 17h do sábado 6, con só trinta prazas e incluíndo visita ao acuario. Se che interesa, escríbenos a festival@sinsalaudio.org co asunto “visita guiada museo”.

As salas do Museo do Mar de Galicia manteñen o sábado 6 o seguinte horario: de 11 a 14h e de 17 a 19h. O prezo da entrada do museo é de 3 euros; aquelas persoas que teñan entrada do festival e queran visitar as súas salas, teñen unha redución dun 50% na entrada, só 1,50.

Máis info do museo: aquí.