Aquí e agora #sinsalelocal

Pensa global, actúa local.
Esta expresión que, segundo algunhas fontes leva utilizándose máis dun século- é unha expresión que convida a reflexionar. É unha expresión que nos lembra os desafíos aos que nos enfrontamos na actualidade: cambio climático, igualdade da muller, educación, fame, etc. Son desafíos que atinxen a todo o planeta; e esta expresión á súa vez demanda de nós un compromiso ao que está chamada toda a sociedade, non só os gobernos estatais, rexionais e locais, senón tamén a sociedade civil e as empresas.

Nesta liña, a nivel internacional, en 2015, Nacións Unidas lanza a Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible e os 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), unha axenda internacional e inclusiva para favorecer un desenvolvemento sostible e igualitario e que proporciona orientacións e metas claras para a súa adopción por todos os países.

España, pola súa parte, acaba de presentar ante Nacións Unidas o seu Plan de Acción para o Desenvolvemento Sostible, coas liñas de actuación para a implementación dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) e en Galicia están a desenvolverse xa varios proxectos en liña coa Axenda 2030.

Desde Sinsalaudio, como parte da sociedade civil que somos e como empresa non poderiamos estar máis de acordo coa expresión pensa global, actúa local e por iso poñermos en marcha a iniciativa #sinsalelocal, coa que pretendemos poñer en valor todas aquelas accións e xestos que en ocasións pasan desapercibidos e que sen dúbida son tamén unha das grandes bazas do Festival Sinsal SON Estrella Galicia.

Contratación de persoas do Concello de Redondela para traballar no  Festival.

Unha oferta gastronómica que aposta polo produto de proximidade e de cultivo ecolóxico.

A colaboración con entidades coas que compartimos os nosos valores e cuxos beneficios repercuten a nivel local:

BlaBlaCar (mobilidade compartida)
Fundación EMAUS (inclusión social)
Resetea (economía circular)

Fotografía: Mariscadoras en Cesantes, Vida Gallega 1937