Beber en Sinsal SON Estrella Galicia 2018

Xa presentamos a comida, agora facemos o propio coa bebida, tan importante durante o festival e da que vos iremos dando máis detalles durante os próximos días. Xa sabedes que non somos un evento de exaltación alcohólica, pero seleccionamos para vós do mellor en produto, case todo do país. #sinsalelocal #sinsalsostible

Cervexa. Que dicir? A mellor marca, con toda a súa gama de produtos. Estrella Galicia e a súa mestría desde 1906. E ollo aos talleres “A Qué Suena Tu Cerveza”, organizados por SON Estrella Galicia!

Platú Premium. Por segundo ano consecutivo o escenario Miradoiro leva o nome da gin galega, cuxo toque de calidade é suave, fresco, no grao xusto de alcohol, cun toque cítrico e uns moitos botánicos.

Adegas Terrae. Viños novos que apuntan alto e algo de paralelismo co festival e a súa aposta polo son emerxente con previsión de longo percorrido. A bodega achega os seus tres viños ao festival: Carallán (Rías Baixas); De Seu (Ribeiro) e Barbadelo (Ribeira Sacra). Haberá talleres con Galicia.Wine para que aprendamos a distinguir un viño dun xeranio.

Vermú Petroni. O vermú galego. Encántanos. Os carriños de Petroni repiten no festival, cada vez con máis aceptación. Calquera hora xa é hora do vermú. Con Tomás Fernández Vinos.

A coctelería de La Fiesta de los Maniquíes xa é un clásico do festival, espallando cores cos seus daikiris, mojitos, piñas coladas e zumos multivitaminas.

GURES. O licor da fin da terra, este ano no festival. Isto é punk, din eles. A base de augardente de uva godello, mencía, jerez, garnacha e dona branca, café natural, azucre e cítricos. 34% vol

Organics by Red Bull. Moi contentos de que o festival sexa escenario da aposta desta marca polos refrescos orgánicos. En breve, presentámosvos a gama de bebidas que atoparedes na illa.

O café na illa pono Café Sabora e os seus produtos ecolóxicos, así que sempre é un acerto tomalo.
Consume con moderación e con responsabilidade e non poñas en risco a túa seguridade ou das persoas que están ao redor.