Vas ir só un día ao Festival Sinsal Son Estrella Galicia? Estás seguro? Bótalle un ollo aos abonos para 3 e 2 días que se poñen á venda a partir do 1 de abril a través da web do festival e da plataforma ticketea. Se estás entre os 100 primeiros compradores, podes obter un bono para os días 22, 23 e 24 de xullo por 90 euros. Ten en conta que o venres 22 contaremos con 5 concertos en directo, o sábado 23 con 8 e domingo 24, tamén 8, 2 deles do cartel do sábado. Ademais na fin de semana actividades para o público familiar.
Tamén podes optar por ir dous días. Se queres, venres 22 e sábado 23 ou se prefires venres 22 e domingo 24. Nese caso, os abonos teñen un prezo de saída de 55 euros para os primeiros cen compradores. Tamén hai abonos a un prezo moi especial de 3 e 2 días para menores de 16 anos (incluídos). Os máis novos poden asistir os 3 días ao festival por 20 euros. Lembrade que sempre acompañados dalgunha persoa adulta.
Non só incorporamos en 2016 a novedade do bono de 3 días, senón que teremos dous puntos de embarque para a Illa de San Simón (Redondela): Museo de Meirande (Redondela) e Estación Marítima de Vigo. E, ollo, atención ao bono camping. Si, en 2016 podedes adquirir un bono de 3 ou 2 días con durmida no camping Cesantes e transporte directo en lancha ao festival. Si, se sodes campistas, chegaredes en 5 minutos á illa desde a Praia de Cesantes.
No Festival Sinsal Son Estrella Galicia 2016 na Illa de San Simón (Redondela) estamos empeñados en que non te quedes sen vir e que non perdas nada do que podas arrepentirte despois.