Cambio de sentido #sinsalsenplásticos
A proliferación de produtos dun só uso na nosa sociedade é un feito máis que
evidente. Esta proliferación fomenta unha cultura do “consumo desechable” á vez
que se incrementa a nosa incapacidade para manexar a ingente cantidade de residuos
xerados.
Se seguimos nesta dirección…
Se seguimos nesta dirección o final da historia non se presenta moi feliz
que digamos e no festival gústannos as historias con final feliz. Por iso
en Sinsalaudio decidimos facer un cambio de sentido e en cada nova edición
esforzámosnos/esforzámonos por identificar aqueles produtos e accións que implican
incrementar o volume de residuos para tratar de reducilos ou eliminalos.
Baixo a iniciativa #sinsalsenplasticos enmárcanse todas as accións que nesta
edición de 2018 levaranse a cabo para reducir o volume de residuos que
xeramos, algunhas novas e algunhas que se repiten.
1. Sen plásticos. Eliminamos o plástico nos postos de comida. Todo a
oferta gastronómica servirase en soportes de cartón ou materiais
biodegradables e tamén serán biodegradables as palliñas. Fomentamos o uso das fontes naturais da illa e do auga dos aseos, potable 100%.
2. Reutilizar. Volvemos contar con vasos reutilizables. Tamén reutilizamos
papeleiras, cartelería e moitos outros materiais de edicións anteriores.
3. Sen papel. Este ano non haberá programas impresos e toda a info útil do
festival estará dispoñible a través de códigos QR e de redes sociais.
4. Compostaxe . Este ano o residuo orgánico fica na illa xa que
contaremos con dous composteiros para o seu aproveitamento.
5. Sen malos fumes. Dispoñeremos de cinceiros portátiles para recoller cabichas
xa que a illa non é un cinceiro. E si non o queres levar a casa, recollerémolos á saída para reutilizalos.