My iconic New Balance & Sinsal

Un ano máis a firma New Balance volve a ser parte fundamental do festival Sinsal SON Estrella Galicia. Nesta ocasión a marca convida aos asistentes á illa de San Simón a participar nun obradoiro do máis “artie” onde poder desenvolver o lado máis artístico.

A activación, que é unha oda ao carácter creativo e artesanal da marca, xira ao redor da icónica zapatilla 574, e recrea en plena illa o “Grey Studio 574”. Espazo no que New Balance quere ofrecer aos particpantes a oportunidade de poder personalizar a súa propia réplica da zapatilla.

Para isto foi deseñado un stand, inspirado nos xogos de mesa dos anos 90 no que cada participante terá a oportunidade de personalizar a súa propia figura 3d en forma de zapatilla fabricada en resina. Coa axuda de dous técnicos expertos en pintura en miniatura, todas aquelas persoas que o desexen poderán levarse a súa propia zapatilla personalizada de recordo.

Os dous mellores deseños, escollidos entre os técnicos e persoal de NB, que se compartan en instagram cos hastags #NBGreyStudio e #sinsalaudio xunto á etiqueta @newbalanceES, recibirán como premio poder deseñar as súas propias New Balance, Made in USA, valoradas en 225 € .

Nesta edición, o festival pon o seu acento no compromiso co medio ambiente, valor co que New Balance síntese identificado totalmente, e por iso, hai un compromiso de non xerar resíduos innecesarios no obradoiro e a utilizar materiais orgánicos non contaminantes. Así mesmo na fabricación das zapatillas personalizadas NB1 son utilizadas mallas REPREVE® que están confeccionadas con botellas recicladas.