Martes 29 de maio, venda de abonos; mércores 30, entradas de día

O martes 29 de maio ás 12:00 saen á venda os abonos para Sinsal SON Estrella Galicia 2018 e o mércores 30 á mesma hora saen á venda as entradas para cada un dos catro días desta edición, do 26 ao 29 de xullo na Illa de San Simón (Redondela). Na plataforma www.ticketea.com. En 2018, haberá dúas modalidade de abono: venres e sábado / venres e domingo. Son 160 en total. Ten en conta que o cartel secreto do sábado será case “xemelgo” do do domingo 29. Tes dous portos de saída e retorno, Vigo (Estación Marítima) e Meirande (Museo da Batalla de Rande, Redondela). Debes partir e volver ao mesmo porto. Hai un cupo de abonos e entradas para menores de 16 anos (incluídos) a prezo reducido.

Horarios do festival:
* Xoves 26 de xullo, de 19:10 a 22:00, 3 concertos
* Venres 27 de xullo, de 17:45 a 22h. 5 concertos nos 3 escenarios principais.
* Sábado 28 de xullo, de 12:50h a 22h, 7 concertos mínimo nos 3 escenarios principais. Actividade: kaiak
* Domingo 29 de xullo, de 12:50 h a 21:15h, 7 concertos mínimo nos 3 escenarios principais. Actividades para públicos familiares.

Prezos 2018

Abonos
Venres + sábado / Venres + domingo
Persoas adultas: 68 € (até o 9 de xullo, despois 72)
Menores: 20 € (até o 9 de xullo, despois 25)

Entradas de día
Xoves 26: Persoas adultas 20 € (até 9 de xullo, despois 25 € ) / Menores 12 €
Venres 27: Persoas adultas 35 € (até 9 de xullo, despois 40 € ) / Menores 12 €
Sábado 28: Persoas adultas 50 € (até 9 de xullo, despois 55€ ) Menores 15€
Domingo 29: Persoas adultas 50€ (até 9 de xullo, despois 55€ ) /Menores 15 €

Portos e horarios dos barcos
Xoves 26
Vigo: Ida 17:40 / Volta 22:55
Meirande: Ida 18:00, 18:50 / Volta 22:10, 23:05
Venres 27
Vigo: Ida 16:10 / Volta 22:55
Meirande: Ida 16:30, 17:20 / Volta 22:10, 23:05
Sábado 28
Vigo: Ida 11:20/ Volta 22:55
Meirande: Ida 11:30, 12:20/ Volta 22:10, 23:05
Domingo 29
Vigo: Ida 11:10 / Volta 21:55
Meirande: Ida 11:30, 12:20 / Volta 21:10, 22:05

*Importante: Estes horarios son aproximados, poden sufrir variacións de 10/15 minutos. Por esta razón e pola axilidade no embarque é moi importante que o público chegue aos puntos de saída con, polo menos, 30 minutos de antelación sobre o horario marcado.

Gastos de distribución non incluidos. IVE incluido. O transporte no barco até a Illa de San Simón está incluido no prezo. O cupo de abonos e entradas para menores de 16 anos é limitado.