Esgotados os abonos de 2 días para Sinsal SON Estrella Galicia 2018

Os 160 abonos que se puxeron á venda o martes 29 de maio en www.ticketea.com para venres + sábado e venres + domingo xa están esgotados. Apenas uns minutos despois das 12:00, hora na que comezou a venda, a demanda multiplicaba por dez a oferta e os abonos dispoñibles estaban xa practicamente vendidos por completo. Grazas a todas as persoas polo seu interese e disculpas a aquelas que non conseguiron mercar.

O mércores 30 de maio ás 12:00 comeza a venda de entradas para cada un dos catro días: 26, 27, 28 e 29 de xullo. Tamén na plataforma ticketea. A do xoves 26 de xullo, primeirísima xornada do festival, será a máis reducida, en duración, con 3 concertos. O venres 27 de xullo a xornada xa inclúe cinco concertos na illa en horario de tarde. E en 2018, o sábado 28 e o domingo 29 de xullo, as grandes xornadas nas que os concertos arrancan en San Simón antes de xantar, repítese cartel ao 90%. Si, serán 7 concertos -mínimo- secretos cada días e as dúas xornadas case “xemelgas”.