Camiño de San Simón #sinsalsenmalosfumes
Desde hai máis de 15 anos celébrase con carácter anual a semana europea da mobilidade. Este ano, a campaña denomínase “Mix and Move”.
O obxectivo desta campaña é promover a “multimodalidade” ou o que é o mesmo, elexir diferentes modos de transporte para moverse na mesma viaxe.
Moitas persoas optamos instintivamente polo mesmo medio de transporte cando nos desprazamos sen examinar as necesidades específicas da viaxe. Abrazar o concepto de multimodalidade significa repensar a forma na que nos movemos e ter a vontade de probar novas formas de mobilidade.
Desde Sinsalaudio unímonos á idea de multimodalidade e animámovos a que, antes de organizar a vosa viaxe aos portos de embarque, reflexionedes sobre como o ides facer.
Ao introducir esta idea nos nosos desprazamentos estamos introducindo beneficios para a saúde, se unha parte do traxecto facémolo camiñando ou na bici por exemplo, e beneficios para o medioambiente, se utilizamos transportes colectivos ou vehículos compartidos. E non só iso, incluír algúns modos de transporte sostible nos nosos viaxes tamén pode proporcionarnos beneficios económicos e axudarnos a ter algúns cartos máis no peto.
Na nosa aposta por unha mobilidade máis eficiente e por un #sinsalsenmalosfumes este ano, grazas á colaboración con Blablacar, introducimos unha nova e cómoda alternativa de vehículo compartido para desprazarvos até o festival.
Toda a info aquí.