Instrucións última hora Sinsal Son Estrella Galicia

Se vas ao Sinsal Son Estrella Galicia á Illa de San Simón (Redondela), por favor presta atención a estas instrucións:

-Comprueba ben antes de saír de casa (máis dunha vez, dúas se é necesario) o teu porto de saída e o teu horario. Recorda que debes estar no porto 20 minutos antes da saída do barco e que se o perdes, non te podemos garantir praza.

-Se vas con menores, recorda que deben ter a súa entrada correspondente. Con ese fin, establecimos un cupo de prezo reducido. Ocupan praza no barco, polo tanto deben ter a súa entrada.

-Se saes para o festival desde o porto de Meirande, tanto se vés en coche do norte como do sur ten en conta que estamos en plena temporada de praia, con tráfico intenso. Sal de casa con tempo, os barcos non poden agardar por ti se chegas tarde.

Non hai autobuses da organización para os portos. Precisamente habilítanse dous portos, Vigo e Meirande, para evitar transportes por estrada. En Meirande dispoñedes dunha ampla zona de aparcadoiro para o voso automóbil. A Vigo podedes chegar por diversos medios de transporte.

-O regreso da illa realízase no horario establecido no voso billete. Non se pode saír antes de San Simón, salvo en caso de emerxencia.

-De calquer xeito, pensando en todas aquelas persoas que ides con menores, o domingo 24 habilitarase un barco extraordinario de regreso a Meirande (ollo, a Meirande, non a Vigo) por se os pequenos están cansos. O barco require inscrición previa na oficina do festival e sae ás 20:30h.

-Falando dos máis pequenos. A illa é tan fermosa como irregular. Hai escadas e desniveis, tédeo en conta con nenas e nenos para evitar caídas.

-Está permitido levar comida e bebida sen alcool. Moi importante: por razóns de seguridade, a organización ten que rexistrar as mochilas e non se permitirá o acceso á illa con envases de vidro ou latas. Tampouco estarán permitidos garfos, coitelos e navallas de metal –si se pode acceder cos de plástico. Solicitamos a colaboración do público que visite San Simón con comida e recipientes de plástico, recollendo e depositando os desperdicios correspondentes nos contedores de cada porto Meirande e Vigo.

-Por motivos de seguridade, non vos podedes bañar. É unha zona rochosa e de mareas cambiantes. Non está permitido o baño na illa.

Se queredes cambiar diñeiro por nemos (moeda do festival 2016) podedes facelo xa nos portos de embarque e no barco que sae de Vigo. Aforraredes colas na chegada á illa, que é o momento no que a maioría do público acude á oficina do festival a cambiar.

-As actividades naúticas familiares requiren inscrición previa na oficina do festival e teñen un prezo simbólico.

-A previsión metereolóxica é moi boa. Así que crema protectora xa ao saír de casa. E chaqueta na bolsa que a última hora refresca.

-Gústanos a cervexa Estrella Galicia, por algo é a nosa patrocinadora. Pero non concebimos o festival como un acto de exaltación etílica. Bebe con moderación, respecta ás demáis persoas, non berres e non poñas en perigo a túa seguridade ou a de calquera outro. Sinsal Son Estrella Galicia é un festival para disfrutar da música, do entorno e da xente. Por favor, non o estropees.