O valor da diversidade #sinsalediverso

Diversidade:
Carácter do que é diverso
SINÓNIMO variedade
CONFRÓNTESE diferenza, pluralidade

Esta é a definición da RAG para a palabra diversidade, e diversidade é precisamente un dos adxectivos que mellor recolle a esencia do Festival Sinsal SON Estrella Galicia e que o fai tan especial.

Un festival que é capaz de xuntar unha variedade non só de estilos musicais, que van do jazz ao folk, pasando pola música electrónica, a música clásica ou o rock, senón tamén no relativo á procedencia dos artistas -en Sinsal actuaron artistas dos cinco continentes: España, Portugal, Francia, Reino Unido, Lituania, Exipto, Zimbabwe, EUA, Canadá, Chile, Brasil, Arxentina, Australia, Tailandia, Xapón, Corea del Sur-. Entre as propostas para a edición 2018 atópanse a procedente da colaboración con Casa África a través do Festival Vis a Vis, que este ano celebrouse en Guinea Ecuatorial e a colaboración co Festival Ment de Ljubljana (Eslovenia), que é un festival que programa a novos artistas de toda Europa.

Un festival que non se parece á maioría porque mantén en segredo o cartel para os asistentes até que desembarcan na illa.

Un festival que a diferenza de outros festivais programa de forma natural a artistas e bandas lideradas e integradas tanto por mulleres como por homes. Mulleres e homes plurais en cando á identidade, xénero, procedencia, lingua ou relixión, que son tanto un reflexo da diversidade cultural como un factor clave para o desenvolvemento sostible.

Un festival que aínda sendo de “pequeno formato” conta cunha grande cantidade de propostas distintas que en cada nova edición inclúe unha coidada oferta de actividades paralelas que contribúen á creación de experiencias novas para todas as personas participantes. Entre as novidades deste ano, contaremos con andainas guiadas que nos permitirán afondar na paisaxe, arquitectura, historia e contorna da Illa de San Simón.