Sinsal SON Estrella Galicia 2018: a túa valoración

Desde a organización do Festival Sinsal SON Estrella Galicia traballamos para que sexa unha experiencia única para o público asistente. Por iso nos gustaríanos coñecer a túa opinión sobre o festival e as súas actividades. Non te levará moito tempo e para nós será de grande axuda.

Moitos de vós colaborastes xa durante o festival cubrindo a enquisa promovida por Fest Galicia para coñecer o impacto económico e social do evento. Volvemos a pedirvos colaboración, agora desde a propia organización, para poder ter unha mellor e máis completa valoración post-festival, coas vosas respostas e comentarios. Entre todas as persoas que lle dediquedes uns minutos á enquisa, sortearemos dúas entradas para a proxima edición de Sinsal SON Estrella Galicia.

Además quereríamos que esta enquisa chegase a cantos máis mellor, asistise ou non a esta edición do ano 2018 en San Simón. Por iso agradecemos toda a difusión que lle podades dar entre os vosos contactos, amigos e coñecidos.

Os datos que che pedimos son única e exclusivamente para o noso coñecemento e avaliación da edición de 2018 para mellorar. O fichero que contén esta información está dado de alta conforme á RGPD é a LOPD.

Enquisa 2018