Sinsal Son Estrella Galicia para a rapazada

Vés con rapazada ao Festival Sinsal Son Estrella Galicia 2016? Pois toma nota das actividades que temos preparadas na Illa de San Simón (Redondela) para os días 22, 23 e 24 de xullo. Teatro, obradoiros de música e actividades naúticas. Bota un ollo:

O venres 22 de xullo abrimos a Escola Sinsal ás 19:30h no Mirador de San Simón. Con Juanma LoDo e a súa proposta de introdución á electrónica convidando aos participantes a descubrir de maneira moi amena os conceptos que se encontran detrás da produción de música electrónica. Caixas negras con botóns e frechas…e froitas!

O sábado 23 ás 17:00 actividades de kaiak e vela. Aquelas persoas interesadas deben inscribirse previamente na oficina do festival na Illa. Esta actividade terá un prezo simbólico, seredes informados de todos os detalles na oficina. Ás 19h no Mirador de novo volverá a Escola Sinsal con Juanma Lodo.

O domingo 24 chega á Illa de San Simón á compañía de títeres máis prestixiosa de Galicia. E son de Redondela! Ás 15;15 Tanxarina Títeres presenta “Titiricircus“. A esa hora na que aos máis pequenos lles presta sentar e gozar dun xogo participativo co público no que van aparecendo os números máis importantes do circo de sempre.

Tamén haberá o domingo 24 posibilidade de kaiak e vela ás 17:00 e a Escola Sinsal propón ás 18:15h obradoiro con Juanma LoDo ás 19:15 concerto-obradoiro con LAR Legido e Pablo Sax e ás 20:15 aos Electric Feels con pinchada e demostración de como ser un tremendo picadiscos.

En resumo:

Venres 22 xullo

19:30. Escola Sinsal con Juanma Lodo

Sábado 23 xullo:

17:00. Kaiak e vela

19:00. Escola Sinsal con Juanma Lodo

Domingo 24 xullo

15:15. Tanxarina. Titiricircus

17:00. Kaiak e vela

18:15. Escola Sinsal con Juanma Lodo

19:15. Escola Sinsal con Lar Legido e Pablo Sax

20:15. Escola Sinsal con Electric Fee