Xestión sostible de Sinsal SON Estrella Galicia

Para mellorar a sostibilidade dos nosos eventos, en Sinsalaudio, atopámonos actualmente inmersos no establecemento dun Sistema de Xestión da Sostibilidade, dentro do cal formulamos xa a nosa política de sostibilidade

O noso compromiso por celebrar eventos sostibles implica que debemos conciliar estes tres aspectos da nosa actividade: social-ambiental-económico. Como punto de partida para a xestión xostible do Festival levamos a cabo un diagnóstico de sostibilidade do evento que nos permitiu identificar -entre outros aspectos- cales das nosas actividades e servizos teñen ou poden ter impactos sociais, ambientais e económicos. Tanto a nivel interno como externo, así como as áreas máis relevantes nas que se xeran ditos impactos e en que fase do festival.

Mostra disto é este esquema, que nos serve de punto de partida para a análise dos impactos medioambientais: cales son? onde e cando se producen? cal é a súa relevancia?

Como resultado da análise de todos os aspectos da sostibilidade vinculados ao festival estamos deseñando unha serie de accións en cada un dos tres ámbitos das que vos informaremos proximamente.