De “extra” en San Simón, crónica de Marcia Vázquez

Este mércores 31 de maio estivemos na illa, pero esta vez para formar parte do traballo que dirixe Anxos Fazáns xunto con Matriuska Producciones e todo o personal que alí se encontraba. “A Estación Violenta” elixiu San Simón coma unha das súas localizacións e a recreación do Festival Sinsal como parte da longametraxe.  Reuniron a máis dun cento de persoas de público para bailar e saltar ante as tres bandas escollidas.

Recolleunos un barco en Meirande a media mañá onde Sara, parte do equipo, indicounos as primeiras ordes para a rodaxe e nos dotaron de comida e bebida para toda xornada. Chegamos e encontrámonos co concerto de rock, por momentos máis clásico, por momentos máis experimental, de Rabuda que nos fixo quentar motores e disfrutar deles case unha hora e media.

Tras o picnic e as cervexas, disfrutando da illa e do bo día que a acompañou, a rodaxe enfocouse en facernos bailar para eles en distintos puntos e acompañar a Nerea Barros (gañadora dun Goya), Alberto Rolán, Xosé Barato e Antonio Durán (coñecido coma Morris). O público envolveu o drama dos personaxes e fixo tremer o chan co seu movemento.

A última toma foi produto de Pantis, concerto de electrónica máis que envolvente onde os asistentes xa romperon as barreiras e converteuse nun perfecto espectáculo para os últimos momentos de cámara. Rubén fixo un concerto espectacular que rematou no medio do público tirado no chan.

Por último, o equipo non quería quedar sen gozar da música e apareceu o grupo sorpresa: Dois. Fixo a despedida da experiencia Sinsal + Estación Violenta e deixounos co seu pop atmosférico e moi poucas ganas de voltar para casa, enriba dun barco onde continuou a festa durante a posta de sol.