Laboratorios con sal en Sinsal SON Estrella Galicia 2018
Vas vir ao festival sábado 28 ou domingo 29 de xullo? Pois desvelamos algo das propostas que nos fan desde a escola itinerante de educación artística Arte y Garabato.
Laboratorio de sal: “Debuxar un labirinto con sal é como seguir un rastro da miña memoria”, di o artista xaponés Motoi Yamamoto. 20 persoas por pase a partir das 15:00 nun espazo preparado entre a capela e a Casa da Cultura de San Simón. A partir de 4 anos. Experimentar con sal, explorar as posibilidades gráficas e rematar cun ritual que nos vincula tamén á memoria histórica da illa.
Performance colectiva baseada na obra da artista brasileira Lygia Pape: 35 persoas en cada pase a partir das 18h. Unha sábana xigante e a apropiación do espazo público por parte da xente. Unha experiencia itinerante, entre as dúas illas: San Simón e San Antón. Como vos soa?
A inscrición para estas actividades faise na illa.