Visita de festivais e xornalistas co apoio de Acción Cultural Española (AC/E)

O festival Sinsal SON Estrella Galicia, que se celebra do 26 ao 29 de xullo de 2018 na Illa de San Simón (Redondela, Rías Baixas) quere ser un punto de encontro para figuras de referencia no sector musical. Figuras que se converten en embaixadoras do evento e dos seus contidos no ámbito internacional. Nesta novena edición na illa o apoio de Acción Cultural Española (AC/E) a través do Programa para a Internacionalización da Cultura Española (PICE) na modalidade de visitantes fixeron posible a participación de figuras de referencia do sector musical internacional.

É o caso de Michael Rosen, periodista alemán que escribe en Digital in Berlin, portal especializado en festivais e música en directo: Matjaz Mancek, director do Festival de Ment en Ljubljana (Eslovenia), un evento que se celebra a principios de ano e que se caracteriza por dar oportunidade aos sos emerxentes e ás novas bandas de toda Europa; Katy Lema, que escribe para El País, medio que aloxa o seu blog Miss Festivales, e é autora do libro Festibook (Editorial Libros Cúpula, 2018); ademais, Chu Charles, xornalista especializado e promotor de artistas de Asia en Francia. Todos eles participan nun encontro aberto no Festival Sinsal SON Estrella Galicia na tarde do venres 27 de xullo.

Tamén a través das axudas PICE de Acción Cultural Española (AC/E) Aleksander Kolkowski estará en Sinsal SON Estrella Galicia 2018 do xoves 26 ao domingo 29 de xullo. Compositor, violinista e investigador,o seu proxecto de maior envergadura até o momento é Phonographies, un arquivo de músicos contemporáneos, artistas e escritores gravados exclusivamente en cilindros de cera. Músicos e poetas, que participan no festival, deixarán registro nos cilindros de cera do británico Aleksander Kolwoski durante os cuatro días do evento.